InicioCentralMondoñedoA sociedade SEA presenta a empresas e investidores as vantaxes de instalarse...

A sociedade SEA presenta a empresas e investidores as vantaxes de instalarse no polígono de Mondoñedo

A aposta de SEA por impulsar esta área industrial xa permitiu sumar compañías de produción de formigón, un taller e a citada empresa de alimentación.

Publicada o

- Advertisement -

A xerente da sociedade estatal “Suelo Empresarial del Atlántico, S.L.” (SEA), Beatriz Sestayo, desprazouse este martes a Mondoñedo para expoñer a investidores e empresas interesadas as vantaxes que supón instalarse no polígono industrial, xestionado por SEA, e que, recentemente, xa sumou novas compañías de alimentación e maquinaria.

Beatriz Sestayo lembrou que, para facilitar a implantación de novas empresas, SEA oferta a totalidade do chan dispoñible en réxime de Dereito de Superficie, con cantidades inferiores aos 80 euros mensuais. Esta modalidade foi a elixida pola última empresa que decidiu instalarse no polígono, vinculada ao sector alimentario. A aposta de SEA por impulsar esta área industrial xa permitiu sumar compañías de produción de formigón, un taller e a citada empresa de alimentación.

A área industrial ten unha localización idónea, destacou Beatriz Sestayo, para sectores vinculados á agricultura, ao sector forestal ou industrial, e dispón de todos os servizos necesarios, como redes eléctricas e saneamento, para que as distintas empresas poidan iniciar a súa actividade. O polígono de Mondoñedo é un dos 13 que xestiona SEA en Galicia. Conta cunha superficie bruta de 70.000 metros cadrados, dos que 39.566 son netos de uso mixto (industrial ou terciario) e dispón de fácil acceso cara ao norte de Lugo e os portos das provincias da Coruña e Lugo.

CHAN EMPRESARIAL DO ATLÁNTICO

Suelo Empresarial del Atlántico, dependente nun 83,44% do Ministerio de Transportes, xestiona en Galicia 13 parques empresariais, que suman máis de 4 millóns de metros cadrados. Están situados nas provincias de Lugo –Monforte de Lemos, Mondoñedo, Chantada e Rábade—, da Coruña –Malpica, Vimianzo, Cee, A Laracha, A Pobra do Caramiñal, Muros e Rianxo— e de Pontevedra –Vilanova de Arousa e Catoira-.

Suelo Empresarial del Atlántico, S.L., S.M.E., é unha sociedade participada nun 83,44% polo Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana (https://www.mitma.gob.es/) a través de Sepes. O resto do accionariado está conformado pola Xunta de Galicia e ABANCA.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...