InicioCentralFozSorteo de 1.500 euros en vales de compra de ACIAFozCCA para o...

Sorteo de 1.500 euros en vales de compra de ACIAFozCCA para o Día do Pai

O presidente de AciaFozCCA, José Paleo, dixo que “nestas datas para regalar aos pais, aos Pepes ou ás Pepitas atoparemos todo o que precisamos nos negocios locais que temos a carón das nosas casas”.

Publicada o

- Advertisement -

O presidente da asociación focense, José Carlos Paleo, contou que “todas as persoas que fagan as súas compras nos locais asociados a AciaFozCCA entre o 4 e o 19 de marzo recibirán papeletas para entrar no sorteo de 1.500 euros en vales de compra”.

Paleo explicou que “o 23 de marzo ás 11 da mañá en RadioFoz faremos o sorteo. En xogo poñeremos 1 premio de 500 euros en vales de compra e 5 premios de 200 euros cada un tamén en vales de compra”.

O presidente de AciaFozCCA dixo que “nestas datas para regalar aos pais, aos Pepes ou ás Pepitas atoparemos todo o que precisamos nos negocios locais que temos a carón das nosas casas”. E engadiu: “lembremos que o comercio fai pobo e a mellor forma de apostar e de apoialo é facendo as nosas compras en Foz”.

Nesta campaña do Día do Pai AciaFozCCA conta coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Foz.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...