InicioCentralLourenzáLourenzá celebra o 8M coa presentación do libro 'Siluetas na Area' este...

Lourenzá celebra o 8M coa presentación do libro ‘Siluetas na Area’ este sábado

A concellería de Servizos Sociais, Mercedes Dengra, pon de manifesto “o papel importante que ten a muller nos distintos eidos desta sociedade” e anima a asistir á presentación deste libro, onde a muller é a protagonista.

Publicada o

- Advertisement -

Para conmemorar o 8M o Concello de Lourenzá organiza a presentación do libro Siluetas na area este sábado, día 11, e colocará na Travesía da Mariña un banco dedicado á muller esta semana.

A alcaldesa, Rocío López, explica que a publicación que se presentará “tratase da tradución do libro Siluetas na area por Fernando Domènech. É unha obra dunha autora francesa chamada Isabelle Eberhardt, que naceu en Suiza no ano 1877. Isabelle era unha viaxeira  que se namorou do mundo árabe e escribiu neste libro sobre el. A presentación terá lugar o sábado 11 de marzo no Salón de Actos do Concello ás 19:00 horas. No acto participarán con lecturas a laurentina Marina Oural Villapol e Gaïa Bérens Mercado. Tamén ó longo desta semana o Concello colocará un banco dedicado á muller na Travesía da Mariña”.

A concellería de Servizos Sociais, Mercedes Dengra, pon de manifesto “o papel importante que ten a muller nos distintos eidos desta sociedade” e anima a asistir á presentación deste libro, onde a muller é a protagonista.

Invita tamén a achegarse ao Banco da Muller, “ese espazo que nos incita a reflexionar porque cada vez é mais evidente que o mundo está a cambiar, e iso é sinal dun cambio social a favor da igualdade entre mulleres e homes”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...