InicioOrientalRibadeoA Concellaría de Igualdade de Ribadeo reparte o libro 'Un planeta chamado...

A Concellaría de Igualdade de Ribadeo reparte o libro ‘Un planeta chamado ahió’ polo 8M

A concelleira Mónica Freire, destacou que "do mesmo xeito que no planeta Ahió, en calquera sociedade, debe ser prioritario educar en igualdade rompendo cos estereotipos de xénero”.

Publicada o

- Advertisement -

A concelleira de Igualdade, Mónica Freire e as técnicas do CIM de Ribadeo, repartiron este 8 de marzo, Día Internacional da Muller, case 400 exemplares do libro Un planeta chamado Ahió aos centros de ensino Gregorio Sanz e Sagrado Corazón.

A edil ribadense explicou que “o conto xorde como resultado do traballo colaborativo realizado dende a comisión de igualdade do CIFP Porta da Auga, formada por alumnado e profesorado do centro. O Concello colaborou na edición do libro que será repartido ao alumnado de 5º e 6º de Infantil e 1º e 2º de Primaria”.

Mónica Freire dixo que “do mesmo xeito que no planeta Ahió, en calquera sociedade, debe ser prioritario educar en igualdade rompendo cos estereotipos de xénero para así poder axudar ás nenas e nenos a crecer desenvolvendo as súas capacidades reais como persoas”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...