InicioOccidentalCervoCervo leva o saneamento ao lugar da Pena na parroquia de San...

Cervo leva o saneamento ao lugar da Pena na parroquia de San Román

A actuación permitirá achegar o saneamento ás diferentes vivendas e deixarase xa a rede preparada para favorecer a súa ampliación no futuro.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo inviste preto de 50.000 euros -48.201,39 concretamente- procedentes das arcas municipais para levar o saneamento ao lugar da Pena, na parroquia de San Román de Vilaestrofe.

O rexedor, Alfonso Villares, a tenente alcalde e a edil de Obras, Dolores García Caramés e Mali Méndez, respectivamente, desprazáronse ata a zona para supervisar o inicio dos traballos que arrincaron esta semana, acompañados polo pedáneos da zona, Antonio Vila e Plácido Pérez.

A actuación, que consiste no soterramento das canalizacións de saneamento, e na pavimentación dos tramos afectados, permitirá achegar o saneamento ás diferentes vivendas e deixarase xa a rede preparada para favorecer a súa ampliación no futuro.

Villares apuntou que se trata dunha actuación importante para a veciñanza deste núcleo, “son obras que non se ven, que están soterradas, pero que son moi necesarias para seguir a mellorar a calidade de vida dos cervenses”, neste caso en beneficio daqueles que viven no rural, e para nós é primordial que “as inversión cheguen a cada recuncho do noso municipio que o precise, e dende o Concello traballamos decididamente para elo”, engadiu.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...