InicioCentralFozA concelleira de Cultura de Foz recrimina ao portavoz do PP de...

A concelleira de Cultura de Foz recrimina ao portavoz do PP de “acusar sen argumentacións”

IInés López Couto remata comentando que “as actitudes do líder da oposición cada día mostran unha clara manía persecutoria contra o alcalde. Supoño que de ocorrencias tamén se vive.”

Publicada o

- Advertisement -

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, afea a actitude do portavoz local do Partido Popular, que “se dedica a acusar de forma indiscriminada e sen argumentación algunha sobre temas que non son de competencia municipal.” En canto á suposta desaparición da batucada, Inés López Couto indica que “o que pasa nunha asociación é decisión da mesma.”

Inés López explica que “estas entidades non funcionan porque lles mande ningún Concello, e non ten a administración nada que dicir ao respecto do seu funcionamento, porque se dependeran unicamente del estaríamos a falar doutro tipo de figura”. E engade que “é moi feo meter a outras asociacións nas leas que pretende montar, sen ningunha clase de argumento e non aportando nada.”

O Concello de Foz “descoñece de forma directa se esa asociación desapareceu xa que no noso rexistro de asociacións segue de alta e non comunicou variación ningunha. Agradecemos o traballo que fixeron para este concello e damos as grazas polo esforzo dos membros que formaron parte da mesma”, manifesta a concelleira de Cultura.

López Couto remata comentando que “as actitudes do líder da oposición cada día mostran unha clara manía persecutoria contra o alcalde. Supoño que de ocorrencias tamén se vive.”

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...