InicioOrientalTrabadaTrabada recibe unha subvención de 30.000 euros para acondicionar a ruta da...

Trabada recibe unha subvención de 30.000 euros para acondicionar a ruta da Fraga da Vilapena

Trátase dunha convocatoria de Turismo de Galicia de axudas a concellos de ata 10.000 habitantes para actuacións de mellora das súas infraestruturas turísticas.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Trabada conseguiu unha nova subvención, nesta ocasión de 30.000 euros para o embelecemento do acceso á ruta de sendeirismo da Fraga de Vilapena.

Trátase dunha convocatoria de Turismo de Galicia de axudas a concellos de ata 10.000 habitantes para actuacións de mellora das súas infraestruturas turísticas.

A solicitude da subvención foi tramitada persoalmente pola concelleira Julia María Barcia, xa que era de novo unha convocatoria en réxime de concurrencia non competitiva, por orde de entrada, e o día que se abriu o prazo a alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, estaba na comisión de despoboamento da Femp en Albacete.

“O goberno local é un equipo de xente preparada e o demostramos unha vez máis, persoas cos coñecementos necesarios para xestionar e tramitar proxectos e acadar obxectivos en beneficio da veciñanza”, asegura a alcaldesa, Mayra García Bermúdez.

A subvención permitirá poñer en valor un espazo moi transitado, tanto polos veciños da parroquia da Vilapena como polos visitantes e amantes do sendeirismo. É unha das cinco rutas que se poden facer no Concello de Trabada.

Estas rutas de sendeirismo son moi importantes, xa que contribúen a desestacionalizar o turismo e dinamizan a economía local. Con esta actuación mellorarase un tramo dun quilómetro no acceso á ruta, xa que debido ás talas de madeira está en mal estado, e habilitarase unha zona de aparcadoiro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...