A Praza da Mariña de Burela, a Praza do Concello de Viveiro e a entrada do consistorio de Ribadeo acolleron as mobilizacións convocadas na Mariña pola Conferencia Intersindical Galega (CIG) para protestar polas pensións. Os tres actos formaron parte dunha axenda completa de 18 manifestacións que abarcaron as catro provincias de Galicia.
O sindicato nacionalista demandou “un sistema público de pensións que garanta que se cobren hoxe, máis tamén no futuro”. O colectivo de traballadores advirte de que esta prestación podería minguar “ata nun 20 por cento”.
As pensións “son unha conquista dos traballadores, con décadas de loita detrás. E para mantelas debemos seguir loitando”, explicou o voceiro do sindicato no discurso da manifestación celebrada en Burela.
FOLGA XERAL O 19-X
A CIG convoca unha folga xeral para o 19 de xuño, pois é “a arma máis poderosa que temos para defender as pensións públicas” e “os dereitos roubados da clase obreira”.