InicioOrientalRibadeoCurso de primeiros auxilios na escola de Vilaframil en Ribadeo

Curso de primeiros auxilios na escola de Vilaframil en Ribadeo

O equipo de goberno sinala que “o Concello está traballando nas actividades do plan para o segundo trimestre de 2023”.

Publicada o

- Advertisement -

Seguiu esta fin de semana o Plan de Formación Rural do Concello de Ribadeo cun obradoiro de primeiros auxilios, que foi impartido entre as dez da mañá e as dúas da tarde na Escola de Vilaframil. Até alí se desprazaron os concelleiros de Medio Rural, Medio Ambiente e Desenvolvemento Local, Marcos Villamil, Jorge Díaz e Pablo Vizoso.

Esta fase do Plan de Formación Rural rematará o vindeiro 25 de marzo cun curso de inserto de froiteiras na Escola de Cedofeita en horario de 10:30 a 13:30 horas e de 15 a 18 horas. Para esta cita xa non quedan prazas libres.

Desde o equipo de goberno subliñan que “o Concello está traballando nas actividades do plan para o segundo trimestre de 2023. Proximamente publicaremos a relación dos diferentes talleres e obradoiros que se van desenvolver”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...