O Concello de Cervo, a través da delegación de Medio Ambiente que dirixe Mali Méndez, celebrará este martes e mércores, o día da árbore coa comunidade escolar.
A actividade do 21 de marzo, está programada co alumnado do CEIP de Cervo, que fará entre outras actividades, da man dos técnicos municipais, unha plantación de árbores autóctonas e verá in situ como se realiza o control ecolóxico de especies invasoras no Conxunto Hitórico Artístico de Sargadelos (será entre as 10:30 e as 12:00 horas). A continuación, nunha parcela municipal anexa ao CEIP de Cervo, os máis pequenos de infantil e primeiro e segundo de primaria, crearán un bosque de frutais enanos.