InicioCentralO ValadouroO Mercado da Primavera do Valadouro celebrarase esta fin de semana

O Mercado da Primavera do Valadouro celebrarase esta fin de semana

Haberá numerosos postos con produtos locais e de artesanía, e diversos concursos e desfiles.

Publicada o

- Advertisement -

O Mercado de Primavera, a principal referencia no calendario anual de eventos e actividades de O Valadouro encherá de actividades, de música e de xente a capital do Ouro este fin de semana. O amplo programa destas xornadas comeza o venres 24 co pregón a cargo da xornalista Susana López Montes, a actuación da agrupación folclórica Amado Lar e o concerto de Caamaño & Ameixeiras. O sábado 25, día do mercado, animarán as rúas a Tamborrada Os Fandangueiros, Festicultores Troupe e Mekánika Rolling Band. Haberá sesión vermu coa orquestra Os Parentes e en horario de tarde e noite actuarán na Praza de Santa María o grupo de música tradicional Treixadura e Anxo Lorenzo, e pola noite terá lugar o Zocanroll, cos grupos Milleth e Orgasmatron.

Haberá numerosos postos con produtos locais e de artesanía, e diversos concursos e desfiles.

Desde a concellerías de Cultura e Medio Rural que dirixe o tenente de alcalde, Eduardo Chao, convidan a asistir a este importante evento que xa está consolidado como referencia anual na Mariña e na provincia. “Despois do éxito do mes gandeiro no pasado febreiro coa Feira de Razas Autóctonas e a Feira Tradicional de Gando queremos que este Mercado da Primavera conte tamén con unha importante afluencia de visitantes para disfrutar do noso concello, do noso comercio e da nosa hostelería” afirmou Chao, que estivo acompañado na presentación do evento polo tamén concelleiro Eliseo Teijeiro e a deputada de Medio Rural da Deputación de Lugo Mónica Freire Rancaño que destacou a importancia que este tipo de eventos tenen en concellos coma o do Valadouro “concello que grazas á organización destes eventos está a convertirse nunha referencia non só a nivel comarcal a provincial, senón tamén a nivel galego no sector agrogandeiro”, aegurou.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...