InicioCentralFozXa se coñecen as persoas gañadoras do sorteo ACIAFozCCA polo Día do...

Xa se coñecen as persoas gañadoras do sorteo ACIAFozCCA polo Día do Pai

O sorteo, que tivo lugar nas instalacións de Radio Foz, foi conducido por Anxo Rivas. Ao mesmo asistiron o concelleiro de Comercio de Foz, Chema Linares, e a xerente de AciaFozCCA, Ana Segada.

Publicada o

- Advertisement -

AciaFozCCA sorteou hoxe os 1.500 euros en vales de compra da campaña do día do pai, que se desenvolveu do 4 ao 19 de marzo.

O sorteo, que tivo lugar nas instalacións de Radio Foz, foi conducido por Anxo Rivas. Ao mesmo asistiron o concelleiro de Comercio de Foz, Chema Linares, e a xerente de AciaFozCCA, Ana Segada.

As premiadas son as seguintes:

Tamara Suárez Peláez é a gañadora do vale de 500 euros. Ela fixo unha compra en Unique. E con 200 euros en vales de compra resultaron premiadas Julia Maseda Otero, que mercou en Decoraciones Pura; Elena Pérez López, en Clínica Maas Saúde; María Couto Amor, en Salai Campo; Pilar Campo Díaz, en Centro Óptico Elíseo, e Dulce María Joven Gómez, en Xoguetería Bahía.

Desde AciaFozCCA felicitan “ás gañadoras ás que animan a seguir apostando polo comercio de Foz” e agradecen tamén “a participación dos negocios locais nesta campaña do día do pai de 2023”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...