InicioCentralFozFoz merca un tractor desbrozadora para limpar os paseos e camiños municipais

Foz merca un tractor desbrozadora para limpar os paseos e camiños municipais

O tractor incorpora un brazo desbrozador cun alcance de 4,30 metros en horizontal, 5,50 metros en vertical e un ancho de corte de 1,20 metros.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Foz merca un tractor desbrozador para a limpeza de paseos e camiños municipais. O investimento final ascende a case 100.000 euros, financiados na súa totalidade con fondos municipais con cargo aos orzamentos do ano 2023.

O Concello de Foz vén de adxudicar a compra dun tractor con brazo desbrozador para a limpeza de paseos e camiños municipais. O alcalde, Fran Cajoto, explica: “precisamos mellorar o desbroce do paseo marítimo e dos camiños municipais en todas as parroquias. Hai moitos viarios estreitos en Foz que se nos facía moi complicado limpar: é por iso que optamos por un tractor frutero, que con pouco máis de 1,6 metros de anchura vainos permitir entrar en viais que eran inaccesibles e desbrozalos como procede”.

O tractor incorpora un brazo desbrozador cun alcance de 4,30 metros en horizontal, 5,50 metros en vertical e un ancho de corte de 1,20 metros. Ademais o adxudicatario ofertou a mellora que se propoñía no contrato: unha trituradora traseira cun ancho de corte de 2 metros, o que vai permitir segar dunha forma moito máis áxil distintas zonas verdes ou a plataforma de determinados camiños. “Trátase dunha máquina polivalente que nos vai permitir moitas actuacións. Co alcance que ten o brazo vainos imos poder empregalo no desbroce de calquera camiño e polas dimensións reducidas do tractor imos poder actuar onde antes non chegábamos. Era necesario”, comentou Fran Cajoto.

O alcalde desprazouse ás instalacións de Taller Empalme Villalba SL, que é o adxudicatario, para coñecer o novo equipo e indicou: “estamos pendentes de que o fabricante subministre o brazo desbrozador para poder recibir o tractor, que teremos en Foz nas vindeiras semanas. Seguimos traballando”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...