InicioOrientalRibadeoACISA Ribadeo entrega os premios do sorteo da Campaña polo Día do...

ACISA Ribadeo entrega os premios do sorteo da Campaña polo Día do Pai

“A todos estes establecementos e firmas desde Acisa queremos agradecerlles a súa colaboración con esta campaña”, comentou a presidenta do colectivo empresaria, Carmen Cruzado.

Publicada o

- Advertisement -

A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo fixo entrega esta tarde dos 8 premios ás gañadoras e gañadores do sorteo da campaña do Día do Pai.

Trátase dun bono individual de 6 meses cortesía de BeOne, 5 ceas para 2 persoas doadas por A Horta de San Roque, O Lar de Manolo, Javier Montero, El Rincón del Gordo e A Quinta e 2 experiencias de 1 noite con almorzo para dúas persoas a escoller entre 1060 destinos, que foron doadas por Viaxes Eroski. “A todos estes establecementos e firmas desde Acisa queremos agradecerlles a súa colaboración con esta campaña”, comentou a presidenta do colectivo empresaria, Carmen Cruzado.

Katia Goyos, Sandra González, Ángeles Casas, José Álvarez, Andrés Redondo, Martina Celadilla, Amparo Loureiro e José Ramón López xa poden gozar dos seus agasallos.

Na entrega de premios participaron a presidenta e o xerente de Acisa Ribadeo, Jesús Pérez e Carmen Cruzado, así coma o CEO de BeOne e o director do seu centro deportivo en Ribadeo, Roberto Ramos e Javier Canel.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...