O Concello de Burela organiza para o venres 18 de xaneiro unha homenaxe a Benjamín González Quelle, quen fora párroco e cronista oficial do municipio.
A xornada de recoñecemento comezará ás 19.00 horas cunha misa, á que seguirá un acto no auditorio de Burela, previsto para as 20.00.
Ao longo do acto intervirán varias persoas cercanas a González Quelle, proxectaranse fotografías e haberá música clásica.
O alcalde de Burela, o socialista Alfredo Llano, convida a participar no acto. “Queremos que sexa partícipe todo o mundo, porque esta persoa ten un mérito que é preciso recoñecer. Trataremos de facelo o mellor posible”, asegurou.
BIOGRAFÍA
Natural de Viveiro, González Quelle faleceu en Mondoñedo no pasado mes de maio, aos poucos días de cumprir os 91 anos.
O sacerdote exerceu desde 1959 ata a súa xubilación en Burela, onde tamén foi profesor de relixión.
González Quelle escribiu varios libros: ‘Cuaderno de bitácora‘, ‘Fuego de San Telmo‘ e ‘Desahogos del cronista‘.