IniciosociedadeVentos de máis de 100km/h en Viveiro e de 100km/h na Pontenova...

Ventos de máis de 100km/h en Viveiro e de 100km/h na Pontenova e Abadín

Publicada o

- Advertisement -

Viveiro rexistrou nas últimas horas refachos de vento de máis de 110 quilómetros por hora. En concreto, a máxima marcouse na estación que Meteogalicia ten en Penedo do Galo, con 111,2 km/h.

Ademais, na provincia de Lugo, A Pontenova rexistrou refachos de vento de 94,1 km/h durante a madrugada deste venres e en Abadín alcanzáronse o 88 km/h.

Tamén na provincia da Coruña notouse o forte vento. Así, en Punta Candieira, en Cedeira, o vento alcanzou o 98,7 km/h, ou en Ortigueira, na estación de Serra da Faladoira, Meteogalicia notificou ventos de ata 86,8 km/h.

Nestes momentos o litoral da Costa da Morte, o Noroeste da Coruña, as Rías Baixas e a Mariña lucense mantéñense en alerta laranxa por mar combinado con ondas de cinco a sete metros. A partir das 15,00 horas o aviso pasa a nivel amarelo por ondas de catro a cinco metros.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...