InicioOccidentalViveiroViveiro súmase este domingo á celebración do Día Mundial de Concienciación do...

Viveiro súmase este domingo á celebración do Día Mundial de Concienciación do Autismo

Con motivo desta data, o Concello iluminará na noite do domingo ao luns, de azul, a porta de Carlos V, unha cor que representa ao trastorno de espectro autista (TEA).

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro súmase un ano máis á reivindicación do Día Mundial de Concienciación do Autismo, que se celebra este domingo, día 2 de abril.

Con motivo desta data, o Concello iluminará na noite do domingo ao luns, de azul, a porta de Carlos V, unha cor que representa ao trastorno de espectro autista (TEA).

A iniciativa enmárcase no proxecto mundial “Light Up to Blue” (Ilumína de azul) promovida por Autism Speaks (Light It Up Blue) e apoiada por Autismo Europa, Autismo España e por Autismo Galicia.

No 2022 ilumináronse en España máis de 450 monumentos, máis de 90 deles en Galicia tanto de titularidade pública como privada, e este domingo o reto é chegar aos 500.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...