InicioOrientalRibadeoRibadeo solicita unha axuda para mellorar a eficiencia enerxética na escola de...

Ribadeo solicita unha axuda para mellorar a eficiencia enerxética na escola de música

A concelleira Mónica Freire contou que “tamén fixemos unha solicitude a través do Fondo de Compensación Ambiental para equipamento, concretamente para lámpadas de alumeado público".

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Ribadeo solicitou unha axuda para a mellora da eficiencia enerxética na Escola de Música na que se instalará un novo sistema de aerotermia. E pediu outra partida para substituír e poñer lámpadas LED en varias rúas da vila, segundo deu a coñecer a concelleira de Obras, Mónica Freire.

A edil ribadense explicou que “o Concello de Ribadeo vén de solicitar unha axuda para a mellora da eficiencia enerxética na Escola de Música instalando un novo sistema de aerotermia. Basicamente consiste na substitución dun obsoleto sistema de gasóleo, nada eficiente e fóra da súa vida útil e que ocasiona constantes problemas de mantemento, ademais da obvia contaminación desde tipo de sistema, por este novo de aerotermia. O orzamento ascende a un total de 211.033,97 euros e esta axuda foi solicitada a través do Fondo de Cooperación Local”.

Mónica Freire contou que “tamén fixemos unha solicitude a través do Fondo de Compensación Ambiental para equipamento, concretamente para lámpadas de alumeado público con criterios LED para substituír na Avenida Ría de Ribadeo, na Avenida de Galicia, na rúa José Vicente Pérez Martínez, na Avenida de Asturias e na rúa Ramón González. O investimento total é de 16.444,05 euros e inclúe este material e tamén o traballo do electricista municipal para substituír as lámpadas”.

A concelleira de Obras engadiu que “unha vez feitas estas solicitudes nos vindeiros meses saberemos si o Concello de Ribadeo é beneficiario destas dúas axudas e no caso de recibir unha resolución favorable poder seguir traballando na mellora da eficiencia enerxética”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...