InicioPolíticaO BNG presenta as cabezas de listas para os concellos de Cervo...

O BNG presenta as cabezas de listas para os concellos de Cervo e Lourenzá

Publicada o

- Advertisement -

O BNG vén de anunciar dous novos cabezas de lista, que son a candidata de Lourenzá, Belén Fanego Barreira e o candidato de Cervo, Diego Fernández Martínez. A formación nacionalista continúa traballando para levar a todos os concellos o proxecto Bng, un modelo de éxito, de bo traballo, de transformación e de cambio como se está a ver alí donde o Bng tén responsabilidades de goberno.

Belén Fanego, candidata á alcaldía en Lourenzá

Belén Fanego Barreira, traballadora do Sergas, da parroquia de San Adriano, e que foi concelleira na corporación laurentina entre os anos 1995 e 2003 preséntase a estas eleccións co convencemento de que o proxecto do Bng é necesario para o desenvolvemento de Lourenzá para poder aplicar políticas municipais que saquen rendemento para todas a este gran potencial que tén Lourenzá e todo o Val. “Nós ofrecemos rigor, traballo, e sobre todo humildade e atención ás preocupacións da veciñanza e aos problemas que nos acheguen e queremos a participación de toda a sociedade para traballar conxuntamente na procura de solucións” afirmou Belén Fanego que tamén anunciou que en breve será presentado o resto da candidatura, formada por veciños e veciñas da vila e das parroquias comprometidos con Lourenzá.

Diego Fernández, candidato á alcaldía de Cervo

Diego Fernández Martínez, de Lieiro, traballador de Alúmina, na factoria de Alcoa, actual portavoz municipal na corporacion cervense afirma que o necesario cambio que precisa Cervo tén que vir da mán do proxecto Bng, un modelo de éxito en moitos concellos xa e co cal Cervo pode e debe impulsar o seu desenvolvemento. “Un concello Bng é sinónimo de respecto polo público, de traballo honesto e honrado, e de toma de decisións valentes pensando no común” asegurou Diego Fernandez.

A presentación da candidatura será o venres 14 de abril no restaurante O Noso Lar en San Cibrao.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...