O Bng continúa presentando candidatos para as eleccións do 28 de maio. No Valadouro será o actual tenente alcalde Eduardo Chao González a persoa designada pola asemblea local para aspirar á alcaldía. Chao, que levou ao Bng a formar parte do goberno local desde setembro do 2021 é veciño da parroquia de Santa Cruz e traballador na factoria de Alcoa. Según declaracións do candidato “todo o traballo desenvolvido ata agora escoitando á veciñanza e atendendo as súas demandas vai dando os seus frutos e vai situando ao noso concello como referencia en moitois eidos. Somos conscientes que queda moito por facer e que todos e cada un dos veciños e veciñas son imprescindibles para esta labor ilusionante que temos por diante e da que queremos que participen para conseguir o mellor para O Valadouro”.
Eduardo Chao
O conxunto da candidatura formada por persoas das diferentes parroquias e da vila e que traballan tamén en diversos colectivos será presentada próximamente nun acto público.
Eloi Cabanas Ramos, candidato en Mondoñedo
Eloi Cabanas, nado en Vilamor en 1977, e actual portavoz municipal é Técnico Superior en Xestión de Recursos naturais e Paisaxísticos e especialista en explotacións agropecuarias, traballando na actualidade como bombeiro forestal. Preséntase a estas eleccións asumindo a responsabilidade de levar adiante o modelo Bng que tan bos resultados está dando en moitos concellos do país e da comarca e baixo unha idea clara “traballar por e para a xente cun proxecto práctico e moderno así como serio e riguroso para construir un Mondoñedo con oportunidades diante da parálise que atravesa nos últimos anos” afirmou Cabanas. O resto da candidatura que está formada por persoa de diveros ámbitos profesionais e de diversas parroquias será presentada nas vindeiras semanas.