InicioOrientalA PontenovaXorxe Gómez Rico será o cabeza de lista do BNG na Pontenova

Xorxe Gómez Rico será o cabeza de lista do BNG na Pontenova

“Queremos tamén un concello accesible ás veciñas e veciños impulsando a participación de todos os colectivos na toma de decisións do seu ámbito sectorial", di Gómez Rico.

Publicada o

- Advertisement -

A asemblea local do BNG na Pontenova decidíu unanimemente propoñer como cabeza de lista da candidatura para as eleccións municipais do 28 de maio a Xorxe Gómez Rico, que rexenta un negocio de perruquería na Pontenova.

Xorxe Gómez concorrerá arroupado por unha candidatura formada por xente moza, xente das parroquias e da vila, e cun programa no que se contemplan unha serie de medidas para darlle máis dinamismo e vitalidade ao concello facilitando o establecemento de empresas para contribuir ao desenvolvemento económico local e axudar á xente que quere emprender un negocio.

Así mesmo a aposta pola dinamización do comercio local e de proximidade desenvolvendo iniciativas ao efecto, entre elas a incentivación do consumo no pequeno comercio e fomentando a adquisición de produtos locais, é outra das medidas contempladas no programa nacionalista.

“Queremos tamén un concello accesible ás veciñas e veciños impulsando a participación de todos os colectivos na toma de decisións do seu ámbito sectorial. O noso modelo é o modelo dos concellos Bng, concellos con proxectos transformadores, nos servizos sociais, na cultura, no desenvolvemento económico, na atención e proximidade cos veciños e veciñas” afirmou Xorxe Gómez, que anunciou tamén que a candidatura ao completo será presentada nas vindeiras semanas en acto público.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...