Rubén García incorporarase a Alcoa o próximo 8 de maio como xefe de operacións da planta de aluminio de San Cibrao, en Cervo. Na súa nova posición, segundo destaca a propia empresa, García “liderará as operacións na planta, asumindo as súas novas funcións cando as instalacións están inmersas nas actividades de execución dos proxectos de investimento destinados a mellorar a súa viabilidade futura e na preparación do reinicio da produción de aluminio primario a partir de xaneiro de 2024″.
A través dun comunicado de prensa, a vicepresidenta de operacións de Alcoa en Europa, Verónica Dolç Vázquez, dálle a benvida e sinala que coa súa incorporación a multinacional continúa “con moita ilusión avanzando nos fitos definidos para o futuro de San Cibrao, con investimentos transformadores e mantendo sempre o foco na seguridade e a excelencia operacional”.
Rubén García, enxeñeiro industrial con máster en organización industrial e executive MBA, desenvolveu a súa carreira na industria automotriz e conta cunha ampla experiencia na implementación da metodoloxía ‘Lean Manufacturing’ en todas as áreas organizacionales, e asumiu responsabilidades de xestión de operacións en plantas industriais en Europa e Brasil.