InicioCulturaO humorista Touriñán aterra en Burela co espectáculo "Aquí Tou!"

O humorista Touriñán aterra en Burela co espectáculo “Aquí Tou!”

O cómico ofrecerá o seu monólogo máis persoal este venres, 14 de abril, na Casa da Cultura de Burela, a única parada da xira na Mariña lucense.

Publicada o

- Advertisement -

O humorista Xosé A. Touriñán iniciou neste mes de abril a xira por Galicia do monólogo ‘Aquí Tou!’, unha peza moi persoal na que, a través do humor, convida ao público a facer un percorrido polos momentos vitais que o levaron a ser quen hoxe é.

Tralas funcións do arranque de xira do Grove, a segunda parada do monólogo de Touriñán é en Burela, que acolle a única función do espectáculo na Mariña lucense. Será o vindeiro venres, 14 de abril, ás 20:30 horas na Casa da Cultura. As entradas para o espectáculo están á venda en aquitou.gal a un prezo desde 12 euros.

En Aquí Tou!, o cómico fai un percorrido pola súa vida, desde a súa concepción nunha noite de San Xoán ata un posible epitafio. Momentos chave do seu camiño vital cos que, como galegos, nos sentimos identificados. Mesturando realidade con ficción, tenrura e picardía, anécdotas propias e cultura popular galega, Touriñán lévanos da man pola súa vida cun monólogo no que inclúe a serie de boas e malas decisións que, xunto cos feitos casuais, o levaron a ser o que hoxe é. Ata o mes de xuño, ‘Aquí Tou!’ estará tamén en Noia (23 de abril), Ponteareas (7 de maio), Cangas (13 de maio), Lalín (27 de maio) e Catoira (3 de xuño).

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...