InicioCentralFoz"Éxito rotundo" da última Festa do Berberecho en Foz debido á alta...

“Éxito rotundo” da última Festa do Berberecho en Foz debido á alta afluencia de público

"Á vista está que foi un acerto: teño que felicitar a todos os traballadores municipais que o fixeron posible”, rematou o alcalde de Foz, Fran Cajoto.

Publicada o

- Advertisement -

“A Festa do Berberecho do pasado sábado, 15 de abril, resultou un éxito rotundo porque foi a edición con máis xente que se recorda”. Así valorou o alcalde de Foz, Fran Cajoto, a 21ª edición dunha Festa do Chícaro que mudou a data de celebración de xaneiro a abril. O rexedor municipal explica: “buscamos unha mellor climatoloxía, máis horas de luz e, sobre todo, afastarnos dun mes de xaneiro que é complicado economicamente para as familias e nun pobo que xa está pensando no Carnaval. Probamos e sorprendeunos a acollida, estamos máis que satisfeitos co resultado”.

Unha xornada gastronómica na que o alcalde destaca o bo facer da Escola de Hostalería, con Suso Liste á cabeza, e a calidade musical de Mar Aberto, A Subela e O Feitizo, que acompañaron un pregón de Martín Vizoso “reivindicativo e instrutivo, de dez”, comentou Fran Cajoto, quen tamén salientou que “houbo moita xente, especialmente do interior da provincia, e esgotáronse as existencias”.

Pola noite destacou o espectáculo de El Combo Dominicano, a primeira actuación da xira 2023 desta orquestra na Mariña. “Estamos sempre pendentes da xente nova e intentamos programar eventos que lles gusten ás rapazas e rapaces. Á vista está que foi un acerto: teño que felicitar a todos os traballadores municipais que o fixeron posible”, rematou o alcalde.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...