InicioOrientalRibadeoContinúa en Ribadeo o Ciclo Cultura nas Parroquias con tres actuacións das...

Continúa en Ribadeo o Ciclo Cultura nas Parroquias con tres actuacións das Cegas de Ouselle

A concelleira de Cultura, Pilar Otero, anima a asistir a esta proposta cultural nas parroquias: “queremos animar a toda a veciñanza e a todas aquelas persoas que queiran divertirse".

Publicada o

- Advertisement -

Esta fin de semana seguirá o ciclo Cultura nas Parroquias coas tres actuacións que ofrecerán As Cegas de Ouselle en Cinxe, Vilaframil e Piñeira. A concelleira de Cultura, Pilar Otero, dixo que “en Ribadeo están programados para estes días tres concertos dentro do ciclo Cultura nas Parroquias, no que levamos traballando moitos anos”.

A edil ribadense explicou que “a formación As Cegas de Ouselle é a escollida para amenizar estas tardes da fin de semana. Este trío nacido no 2020 presenta unha viaxe musical e visual polo mundo das persoas cegas que tocaban nas feiras do pasado século. Trátase dunha mirada actual sobre as pezas da tradición galega con especial achegamento ás músicas portuguesas. Antón Castro, que pon a voz a toca a zanfona e voz, Aldara Palmeiro, violín e voz e Miguel Lustres, acordeón e voz, traerán á memoria dos foliadeiros e foliadeiras a peculiar formación que as Cegas de Ouselle tiñan: zanfona, violín e acordeón”.

Otero Cabarcos contou que “o sábado 22 a actuación terá lugar ás 17.00 horas na Escola de Cinxe e ás 19.30 horas na Escola de Vilaframil. Pola súa banda, o teleclube de Piñeira será o espazo escollido para o concerto o domingo 23 ás 17.00 horas”.

A concelleira de Cultura anima a asistir a esta proposta cultural nas parroquias: “queremos animar a toda a veciñanza, non só das parroquias senón todas aquelas persoas que queiran divertirse, pasar un bo momento e coñecer e recoñecer as parroquias do noso concello, seguro que o pasaremos moi ben”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...