InicioCentralFozFoz presenta o libro 'Aquí non pasa nada. Historias musicais de Lugo'

Foz presenta o libro ‘Aquí non pasa nada. Historias musicais de Lugo’

Trátase dunha publicación que recolle a historia da creación musical na cidade de Lugo e nas distintas comarcas.

Publicada o

- Advertisement -

O músico Juan Castro Lodeiro presentou esta mañá en Foz o libro “Aquí non pasa nada. Historias musicais de Lugo”, editado coa colaboración do Servizo de Publicacións da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Trátase dunha publicación que recolle a historia da creación musical na cidade e nas disitntas comarcas deténdose en músicos, bandas, locais e festivais que protagonizaron a vida musical nas últimas décadas.

A presentación contou coa actuación de Sintético Fantástico, formado por musicos mariñaos como Iván Laxe do emblemático grupo Os Skornabois.

O acto forma parte dunha xira de presentacións concerto que continuará en vindeiras datas en Vilalba, Sarria, Chantada e Monforte de Lemos, dando en cada punto o protagonismo a distintos grupos locais.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...