InicioCulturaViveiro convida á cidadanía ao acto de entrega do premio José Luis...

Viveiro convida á cidadanía ao acto de entrega do premio José Luis Alvite a Ramón Pernas

O xurado do Premio José Luis Alvite concedeu ao periodista, escritor e crítico literario Ramón Pernas esta distinción “pola súa longa e brillante traxectoria".

Publicada o

- Advertisement -

O Concello convida á veciñanza a acompañar ao xornalista viveirense Ramón Pernas o próximo mércores, 3 de maio, no acto de entrega do Premio José Luís Alvite que lle concede a Asociación de Periodistas de Galicia (APG).

A cita, que terá lugar no Teatro Pastor Díaz ás 19:00 horas, contará coa presenza do Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidade, Román Rodríguez González, da alcaldesa, María Loureiro, xunto á presidenta da APG, María Méndez, e directivos da entidade. A entrega destes prestixiosos galardóns, que alcanzan a súa oitava edición, será conducida pola xornalista Juana Carrera.

O xurado do Premio José Luis Alvite concedeu ao periodista, escritor e crítico literario Ramón Pernas esta distinción “pola súa longa e brillante traxectoria como articulista e columnista, ademais de ter exercido durante décadas, con éxito, o oficio de xornalista nas súas máis diversas vertentes, incluídos varios cargos de responsabilidade en medios de comunicación”.

“Viveiro ten moito que agradecer a Ramón Pernas. No seu labor a prol da vila promovendo iniciativas culturais, cos seus artigos e cos seus libros, sempre ten presente a nosa vila exercendo de perfecto embaixador do noso. Por iso creo que é xusto que tamén os veciños e veciñas da vila arroupemos a Ramón e desfrutamos ao seu lado deste día tan especial para el”, subliña a alcaldesa María Loureiro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...