O alcalde de Foz, Fran Cajoto, expresou en nome propio e o de toda a corporación municipal as súas máis sinceras condolencias a familiares, amigos e membros do Partido Popular polo pasamento do coñecido empresario José Saa Saa.
Propietario da empresa Construcciones y Canalizaciones José Saa SL, foi presidente do Club Deportivo Foz, directivo da Asociación Deportiva Santiago de Foz e promotor das Festas do Carme de San Martiño e da Confraría do Desencravo na mesma parroquia. Tomou posesión como concelleiro polo Partido Popular no ano 1988, durante o primeiro mandato de Manuel María Neira na Alcaldía, e foi concelleiro ata 1995.