O grupo de Irmandade de Ribadeo coa vila bretoa de Loctudy visitará esta localidade entre as datas do 30 de xuño ao 6 de xullo.
A viaxe será en autobús, con paradas á ida para coñecer Auray e á volta para visitar Burdeos. O aloxamento será coas correspondentes familias de acollida e, durante a estancia, haberá diversas actividades que a Asociación de Loctudy nos está preparando. Unha delas vai ser coñecer os cruceiros e calvarios estudados no seu libro As Cruces de Pedra na Bretaña. O prezo será de 200 € por persoa.
Despois da experiencia de anos anteriores para a Irmandade de Ribade cabe destacar a acollida dispensada, o interese das actividades ofrecidas, así como o ambiente de plena camaradería e amizade percibidos polo participantes do grupo. Por iso, desexan animar ás persoas interesadas en dispoñer de máis información, a dirixirse a nós a través do tf 629 47 52 99 ou do correo electrónico irmandade.ribadeo@gmail.com.