InicioOrientalRibadeoRemata 'Os anos que achegan', unha actividade en que pequenos visitaron os...

Remata ‘Os anos que achegan’, unha actividade en que pequenos visitaron os usuarios do centro de día

Publicada o

- Advertisement -

As usuarias e usuarios do centro de día A Concordia e 120 alumnas e alumnos de varios centros de ensino de Ribadeo participaron do 2 ao 5 de maio ‘Os anos que achegan’, Festa da Primavera. Este venres estiveron con todos eles o alcalde, Fernando Suárez, e o concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz.

‘Os anos que achegan’ é unha actividade interxeracional co galego como fío de unión, arredor dunha idea orixinal do centro de día A Concordia e está enmarcada no programa Apego.

Ata o centro de día achegáronse ao longo desta semana nenas e nenos da escola infantil Santa María do Campo, de Tangram, de Con Sentidiño, do Ceip Gregorio Sanz e do colexio Sagrado Corazón, que interactuaron coas persoas maiores coa colaboración do alumnado dos ciclos de educación infantil e de atención a persoas en situación de dependencia do CIFP Porta da Auga.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...