InicioCentralO ValadouroO Valadouro merca un vehículo de emerxencias coa colaboración de Medio Rural...

O Valadouro merca un vehículo de emerxencias coa colaboración de Medio Rural da Deputación

A operatividade do vehículo ampliarase coa instalación dunha coitela que permita empregalo como quitaneves, axilizando a resposta municipal en caso de problemas nas vías.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello do Valadouro reforzou o parque móbil cun vehículo de emerxencias que facilitará a intervención municipal en situacións que afecten á seguridade e ás cotidianeidade das veciñas e veciños.

O vehículo, adquirido coa colaboración de Medio Rural da Deputación de Lugo, conta cun depósito duns 3.000 litros de auga que permitirá subministrar auga en caso de carencias ou fallos do abastecemento e tamén en caso de lumes, facilitando unha primeira intervención rápida dos servizos municipais.

Tamén conta cun xenerador eléctrico de 30 CV que permitirá subministrar electricidade en caso de avarías na rede eléctrica ou habilitar puntos de electricidade en espazos que non dispoñen deles, colaborando na organización de festas ou outro tipo de eventos ao aire libre.

Ademais, a operatividade do vehículo ampliarase coa instalación dunha coitela que permita empregalo como quitaneves, axilizando a resposta municipal en caso de problemas nas vías polas condicións meteorolòxicas.

O tenente alcalde do Valadouro Eduardo Chao explicou “que se trata dun medio moi necesario para o Concello que non dispoñía de vehículos destas características desde fai anos” e suliñou que “o novo vehículo permitirá atender dunha forma áxil incidentes e circunstancias que se dan en varias ocasións ao longo do ano e que ata o de agora tiñamos dificultades para atender ao non dispoñer de medios propios”

Eduardo Chao destacou tamén “a importancia de contar con este novo vehículo para o inicio do verán, cando pode resultar máis necesario para a subministración de auga ou a intervención en lumes”. A compra do vehículo, de segunda man, supuxo un investimento de 14.000 euros.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...