InicioEconomíaOs empresarios pesqueiros remarcan a importancia económica do sector

Os empresarios pesqueiros remarcan a importancia económica do sector

O XXIV Encontro Empresarial propón a revisión da normativa española, substitución xeracional e formación, asuntos económicos, comunicación e comercialización.

Publicada o

- Advertisement -

O marco da XIX Feira Expomar acolleu na mañá do xoves o XXIV Encontro Empresarial para analizar a situación xeral do sector pesqueiro. O Encontro Empresarial de Organizacións Profesionais, que non se detivo pese ao Covid e seguiuse celebrando estes anos aínda que fóra de modo virtual, reuniu na mañá do xoves 11 de maio nas instalacións de Armadores de Burela a 23 das entidades máis representativas da frota galega e outras asociacións nacionais.

Tras analizar a situación xeral do sector pesqueiro durante toda a mañá, na que tiveron a visita do presidente da Fundación Expomar e alcalde de Burela, Alfredo Llano, o sector coincide en que está máis que demostrado que “a pesca é un sector fundamental, estratéxico e con especial importancia cultural, social e económica nas súas comunidades onde desenvolve a súa actividade”.

Neste contexto de análise da situación pesqueira, desde o XXIV Encontro Empresarial propoñen unha serie de conclusións relacionadas coas políticas europeas, revisión da normativa española, substitución xeracional e formación, asuntos económicos, comunicación e comercialización.

Este mércores pola tarde comezan as Xornadas Técnicas 2023, que, como é habitual, terán lugar no salón de actos da Confraría de Pescadores de Burela e tamén se poderán seguir en directo a través da web: www.expomar.com/xornadas-tecnicas na tarde do xoves e a mañá do venres.

A 30ª edición das Xornadas Técnicas de Expomar inaugúranse esta tarde coa presenza da conselleira do Mar da Xunta de Galicia, Rosa Quintana; a secretaria xeral de Pesca do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, María Isabel Artime García; e o alcalde de Burela e presidente da Fundación Expomar, Alfredo Llano.

A primeira xornada, que se celebra na tarde do xoves, trata sobre “Xestión Pesqueira”, con especial atención ás leis de pesca marcadas pola Unión Europea, e estará moderada por Javier Garat, secretario xeral de Cepesca.

Desde a Secretaría Xeral de Pesca do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación presentarase a “Lei de Pesca Sostible”. Pola súa banda, Jacopo Pasquero, Asesor Asuntos Internacionais European Bureau for Conservation and Development (EBCD) presentará “Análises das estratexias globais da Pesca”. Daniel Voces, director xerente de Europeche, presentará “Desenvolvementos lexislativos na UE: análise e desafíos”.

E finalmente a catedrática de dereito administrativo da Universidade da Coruña e membro do Observatorio Litoral da UDC, Marta García Pérez, presentará “Unha proposta de reformulación dos POEMs: a Pesca como uso prioritario esencial“. A segunda xornada, que se celebrarán na mañá do venres, versará sobre temas máis sociais, de comercialización e alimentación baixo o título “Socio Economía” e estará moderada por Antonio Basanta, director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia.

Elena Martínez Carqués, directora do Instituto Social da Mariña (ISM), presentará “Novidades na protección social dos traballadores do Mar”. Juan M. Trujillo, presidente da sección europea pesca de EFT e secretario de pesca FSC de CCOO, presentará “Actuacións do Plan Social: substitución xeracional, vocacións, acordo marco”.

Carlos Buxadé, doutor, catedrático e profesor emérito da Universidade Politécnica de Madrid, presentará “O actual ECO socio-económico da pesca extractiva en España”. As XXX Xornadas Técnicas pecharanse co relatorio “O peixe: Eixo da dieta atlántica e a saúde”, a cargo de Federico Mallo, catedrático de endocrinoloxía da Universidade de Vigo e membro do padroado da Fundación Dietlántica.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...