InicioOrientalBarreirosPontón pide a reelección de Ana Ermida en Barreiros: "un lugar onde...

Pontón pide a reelección de Ana Ermida en Barreiros: “un lugar onde a xente respira libre e orgullosa”

A portavoz prognosticou que Ermida seguirá sendo "a mellor alcaldesa que nunca tivo Barreiros e con maioría absoluta".

Publicada o

- Advertisement -

A portavoz nacional, Ana Pontón, afeou o “modo mamporrero” no que considera que o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, faille oposición e asegura que está “nervioso ante o avance do BNG“.

Pontón estivo este domingo en Barreiros, acompañando á actual alcaldesa e candidata á releección, Ana Ermida, da que puxo en valor a súa capacidade “para abrir un tempo novo no concello no que a cidadanía por fin respira libre e orgullosa“. “Despois de 40 anos de PP, hoxe está en marcha o modelo municipal de éxito do BNG, sinónimo de calidade e de prestixio, que transforma en positivo e mellora a vida das persoas”, sinalou.

Así, Pontón prognosticou que Ermida seguirá sendo “a mellor alcaldesa que nunca tivo Barreiros e con maioría absoluta”. “Imos ter un resultado histórico en Barreiros e no conxunto do País levando o noso modelo municipal a máis concellos ao longo e ancho de Galicia e por iso o PP está tan, tan nervioso, diría que está desatado, con Rueda en modo mamporrero atacando ao BNG”, sinalou.

“Como vai ter un modelo de país quen nin ten capacidade nin autoridade para dirixir o seu propio partido porque hai un Fitipaldi en Ourense que cala a boca?”, argumentou a líder nacionalista.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...