InicioSucesosUnha árbore corta o tráfico ferroviario entre Ferrol e Ribadeo

Unha árbore corta o tráfico ferroviario entre Ferrol e Ribadeo

Publicada o

- Advertisement -

Unha árbore caída sobre a vía do tren en Moeche impediu o paso dun convoi e afectou o tráfico ferroviario na liña Ferrol-Ribadeo nas últimas horas, aínda que o tráfico quedou restablecido pouco despois e non se rexistraron feridos entre os pasaxeiros, que puideron continuar a súa viaxe noutro tren.

A alerta saltou sobre as 21,00 horas deste mércores, cando un dos pasaxeiros contactou co CIAE 112 Galicia para alertar de que o tren de liña estreita no que viaxaba parara. Esta persoa asegurou que non necesitaba atención sanitaria, aínda que se atopaba moi nervioso.

O 112 informou a Adif Emerxencias, que xa tiña constancia do incidente. A árbore caída na vía impedía ao tren continuar a súa marcha, quedando parado no punto quilométrico 35,600 á altura de Labacengos, entre a estación de Cerdido e Cuqueira.

Nese momento viaxaban 7 persoas no convoi, pero ningún necesitou asistencia sanitaria. A pesar diso, o 112 alertou ao 061, á Garda Civil, a Bombeiros do Eume e ao GES de Ortigueira. Os pasaxeiros foron trasladados a outro tren e completaron a viaxe sen incidencias, mentres que a circulación quedou totalmente restablecida nese punto sobre as 23,00 horas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...