A Escola de Arroxo sede da biblioteca maravilhas, celebrará o día 1 de xuño o nacemento de Luís Seoane (Buenos Aires, 1910-A Coruña, 5 de abril 1979). Será a terceira ocasión en que o Agasallo a Luís Seoane se celebre nesta escola situada na parroquia laurentina de Arroxo.
Realizaranse lecturas de diferentes autores e autoras “que fixeron moito por Galicia“. Entre eles o propio Seoane, a súa compañeira Maruja, Fernández del Riego a quen se lle dedicou o Día das Letras Galegas este ano. Tamén se lerán textos de Blanco Amor, Lorenzo Varela, Castelao, Rafael e Carmen Dieste, Carlos Taibo, Séchu Sende e Teresa Moure entre outros.
Ademais das lecturas, tamén se colocarán plantas e flores no futuro arboretum da escola.
As lecturas comezarán ás sete da tarde ademais de textos elixidos libremente polas persoas que estean no Agasallo.