InicioOrientalRibadeoO IES Ribadeo afrontou as últimas actividades do curso como Escola Embaixadora...

O IES Ribadeo afrontou as últimas actividades do curso como Escola Embaixadora do Parlamento Europeo

Publicada o

- Advertisement -

Coa celebración do Día de Europa o pasado 9 de maio, o IES Ribadeo Dionisio Gamallo afrontou ás últimas actividades deste curso como Escola Embaixadora do Parlamento Europeo.

Durante a xornada do Día de Europa estiveron dous ex-parlamentarios galegos: Fernando Branco Parga e Vidal Martínez-Sierra López. O exparlamentario Ismael Rego González non puido asistir por cuestións familiares. Estes parlamentarios forman parte dun programa do Parlamento de Galicia para dar a coñecer as súas funcións e o traballo dos e das parlamentarias.

O director, Modesto Refojo Alvariño, presentou os nosos invitados ao alumnado presente e visionamos un vídeo sobre os 40 anos do Parlamento de Galicia, como introdución á exposición de cada ex-parlamentario sobre a súa experiencia política. Para rematar a charla houbo un pequeno coloquio no que os e as presentes puideron compartir inquedanzas e cuestións varias.

Para a sesión final de Euroscola do 25 de maio foron invitados 17 centros de toda España, máis outros tantos de distintos países da Unión Europea. Interviñeron a presidenta do Parlamento Europeo Roberta Metsola para seguir cunha breve exposición de Delphine Colard, directora xeral de comunicación do PE. A seguinte intervención estivo a cargo de Katarina Barley, vicepresidenta do PE (S&D alemán), que respondeu ás preguntas do foro, tanto presencial como virtual.

Estas actividades supoñen un elemento distinto na docencia cotiá e supoñen tamén un reto para o alumnado e para o profesorado tanto polas condicións das actividades como pola diversificación de recursos utilizados.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...