O BNG de Foz presentará unha moción no pleno para que o goberno local abra a biblioteca municipal Salgado Toimil tamén en horario de tarde.
Segundo explican os nacionalistas, a biblioteca leva pechada nese horario “durante meses” pola baixa médica da bibliotecaria.
Así, os nacionalistas critican que o goberno local “obvie durante meses esta circunstancia e mire para outro lado, agardando que o problema se solucione só”.
QUEIXAS
O grupo municipal do BNG asegura que se fai eco “das queixas de varios veciños, que reclamaron a súa posta en funcionamento normal”.
Estudantes, traballadores e demais usuarios “non poden consultar documentación, ler ou facer uso dos ordenadores, xa que o seu horario impídelles acudir polas mañás”, lembran desde o BNG local.