InicioSen categoríaExhibición de Escolas Deportivas Municipais en Cervo

Exhibición de Escolas Deportivas Municipais en Cervo

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo puxo o punto e seguido a unha nova tempada das Escolas Deportivas Municipais cunha exhibición de patinaxe artística e de ximnasia rítimica na que as crianzas amosaron as habilidades adquiridas durante o curso, nunha bonita xornada celebrada no pavillón do CEIP de Cervo.

Os participantes recibiron da man dos edís de Deportes, Cultura, e Medio Ambiente en funcións, David Rodríguez, Dolores García Caramés e Mali Méndez, respectivamente, cadanseu diploma e un agasallo; que tamén lles foron entregados en días pasados ao alumnado das restantes disciplinas que engloban as Escolas Deportivas Municipais infantís (balonmán, volei e multideporte).

Rodríguez quixo felicitar a todas as persoas usuarias que formaron parte un ano máis das Escolas Deportivas Municipais de Cervo, tanto na categoría infantil como de adultos, “nunha tempada na que acadamos cifras históricas de participación con máis de 200 persoas usuarias”.

O responsable de Deportes en funcións animou á veciñanza de Cervo a que se sume o vindeiro curso a esta iniciativa “dende o concello entendemos que o deporte é unha actividade esencial na vida das persoas, por este motivo seguiremos apostando por ofrecer unha gran variedade de actividades tanto para adultos como para os máis pequenos”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...