InicioCulturaO IES de Foz tivo o 2º posto nos Premios Escolares de...

O IES de Foz tivo o 2º posto nos Premios Escolares de Podcast “O Vello dos Contos”

Cada finalista recibiu un lote de libros e unha figura única elaboradas polo alumnado da Escola Superior de Arte e Deseño Mestre Mateo.

Publicada o

- Advertisement -

O martes, 6 de xuño de 2023, ás 11:30 no IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, celebrouse a entrega dos premios escolares de podcast O vello dos contos e deronse a coñecer aos gañadores de cada categoría nun acto que contou coa presenza de Valentín García, secretario xeral de política lingüística, Anxo Angueira presidente da Casa de Rosalía, e Loliña Mosquera filla do Vello dos contos e madriña deste certame. No acto desvelouse a clasificación final e os gañadores de cada categoría.

Cada finalista recibiu un lote de libros e unha figura única elaboradas polo alumnado da Escola Superior de Arte e Deseño Mestre Mateo. O IES de Foz acadou o 2º premio na categoría de IES onde participou o alumnado de 4º da ESO.  O V Certame de Podcasts en galego e portugués Xosé Mosquera Pérez, o Vello dos Contos, está organizado, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, polo IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, Arraianos Producións e o colectivo Ponte … nas Ondas!

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...