InicioOccidentalViveiroNovos cursos de natación para nenos no verán en Viveiro e actividades...

Novos cursos de natación para nenos no verán en Viveiro e actividades deportivas para adultos

Tamén se ofertan actividades para adultos durante o mes de xullo. Concretamente aquagym, intervalos, TRX, ciclo indoor e natación.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro informa dos cursos deportivos para o próximo verán. Para os adultos ofértase unha ampla variedade de actividades, mentres que a rapazada poderá gozar de cursos de natación.

Dunha banda, os nenos nados entre os anos 2009 e 2018 poderán inscribirse nun curso intensivo de iniciación á natación.

Os grupos serán de luns a venres: ás 10:30 horas para nenos e nenas nados entre 2009 e 2015, e ás 11:30 horas os anos 2016, 2017 e 2018. Os cursos serán do 10 ao 28 de xullo ou do 31 de xullo ao 18 de agosto.

Doutra banda, o Concello de Viveiro oferta variadas actividades para adultos durante o mes de xullo. Concretamente, ofértanse actividades de aquagym, intervalos, TRX, ciclo indoor e natación (niveis iniciación, medio e avanzado). Cada actividade ten o seu propio horario, con dous días á semana.

As persoas interesadas nestes cursos poden obter máis información e reservar a súa praza na recepción da piscina municipal (no teléfono 982 570610).

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...