InicioOrientalRibadeoRedes sociais entre persoas maiores de Ribadeo a través das Vilas Coidadoras

Redes sociais entre persoas maiores de Ribadeo a través das Vilas Coidadoras

O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, explicou que “buscamos voluntarios de 16 anos en diante que queiran participar neste proxecto que se realizará todos os días da semana de 17:00 a 19:30 horas, podendo elixir eles o tempo e os días que queiran dedicar a esta actividade”.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Ribadeo, a través do obradoiro de emprego Vilas Coidadoras, e particularmente a especialidade de Dinamización, Programación e Desenvolvemento de Accións Culturais, vai poñer en marcha nas próximas semanas un proxecto solidario co obxectivo principal de tecer redes sociais coas persoas maiores da residencia municipal a través da lectura.

O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, explicou que “buscamos voluntarios de 16 anos en diante que queiran participar neste proxecto que se realizará todos os días da semana de 17:00 a 19:30 horas, podendo elixir eles o tempo e os días que queiran dedicar a esta actividade”.

O edil ribadense contou que “desde o obradoiro xestionarase e coordinarase ao grupo de voluntarios que dará aos usuarios deste centro un servizo de lectura distinto e máis personalizado. O que se busca é crear vencellos entre as persoas voluntarias e os nosos maiores e, ao mesmo tempo, trabállase na estimulación cognitiva a través da lectura”.

Vizoso Galdo subliñou que “este programa contará co respaldo da Biblioteca Municipal, xa que esta fará chegar á residencia de maiores un préstamo de libros cada mes e ademais esta iniciativa enmárcase dentro dun proxecto maior ao que chamamos Lectura porta a porta. Trátase dun proxecto de animación á lectura organizado desde o obradoiro que, entre outras iniciativas, contempla a creación de varias bibliotecas rurais e a instalación de dúas caixas de libros en espazos abertos no casco de Ribadeo”.

E engadiu que “todas aquelas persoas interesadas en apuntarse a este proxecto poden facelo presencialmente na Biblioteca Pública Municipal de Ribadeo El Viejo Pancho ou ben chamando ao teléfono 982 12 82 30”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...