O Concello de Xove, ABANCA e Afundación presentarán mañá mércores 14 de xuño, ás 12.00 h na praza anexa ao Centro Cívico de Xove, a exposición de rúa «Viaxando. Coleccións de Arte Afundación e ABANCA». Asistirán o alcalde do Concello de Xove, José Demetrio Salgueiro; o coordinador institucional de ABANCA en Lugo, Óscar Rodríguez; o director da oficina de ABANCA en Xove, Fabián Rodríguez; e a coordinadora institucional de Afundación en Ourense e Lugo, Beatriz Fernández-Anguiano.
«Viaxando. Coleccións de Arte Afundación e ABANCA» estará na rúa de Xove ata o vindeiro 9 de xullo. É unha proposta que amosa pezas das Coleccións de Arte Afundación e ABANCA que convidan a viaxar, ben por Galicia, ben arredor do mundo. A cronoloxía das pezas vai desde finais do século XIX ata a actualidade, e cada unha delas vai acompañada dun texto escrito pola crítica de arte Mercedes Rozas. O concepto do proxecto é a viaxe, que sempre supuxo unha procura de bagaxe intelectual, un desexo de experiencia e un xeito de descubrir novos rumbos para a produción artística.
Evento
Inauguración da exposición de rúa «Viaxando. Coleccións de Arte Afundación e ABANCA» en Xove
Lugar
Praza anexa ao Centro Cívico de Xove (rúa Camiño Real, s/n)
Data e hora
Mércores 14 de xuño, ás 12.00 h
Asistentes
José Demetrio Salgueiro Rapa, alcalde do Concello de Xove
Óscar Rodríguez Rodríguez, coordinador institucional de ABANCA en Lugo
Fabián Rodríguez, director da oficina de ABANCA en Xove
Beatriz Fernández-Anguiano, coordinadora institucional de Afundación en Ourense e Lugo