InicioEconomíaA CIG consegue a maioría no comité do Eroski de Ribadeo sendo...

A CIG consegue a maioría no comité do Eroski de Ribadeo sendo a primeira vez que se presenta

Publicada o

- Advertisement -

A CIG obtivo a maioría absoluta nas eleccións celebradas para o comité de empresa no Hipermercado Eroski de Ribadeo despois de ter 4 dos 5 representantes no comité. Esta é a primeira vez que a CIG presenta candidatura neste centro de traballo da empresa Vego Supermercados (grupo Vegalsa) e o resulta obtido non pode ser máis satisfactorio.

Cómpre destacar a alta participación no proceso, xa que dun censo de 79 persoas, acudiron a votar 69. Pola súa banda, a CIG recibiu 50 votos e 4 delegadas, mentres que o outro sindicato que se presentaba, CCOO, tivo 18 votos e 1 delegada; a papeleta restante foi en branco.

O proceso foi impulsado polo sindicato FETICO, que até agora ostentaba a representación única do comité. Nesta ocasión non se puido presentar ás eleccións por non atopar traballadores que quixeran formar parte das súas candidaturas.

Segundo a CIG “este resultado evidencia tamén a necesidade de cambio nas relacións laborais que teñen as traballadoras e traballadores do hipermercado de Ribadeo e por iso a CIG quere agradecer a confianza depositada nas súas candidaturas e no seu modelo sindical combativo e asembleario”.  Coa responsabilidade que supón ter a maioría absoluta do comité, a CIG reafirma o seu compromiso na defensa dos dereitos e na loita para mellorar as condicións laborais de todas as traballadoras e traballadores desta empresa.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...