InicioOccidentalViveiroViveiro presentou este mércores o Campus de Fútbol de Verán 2023 para...

Viveiro presentou este mércores o Campus de Fútbol de Verán 2023 para nenos e nenas

Ademais dos adestramentos técnicos no campo municipal Marcos Gómez, os nenos e nenas participantes recibirán unha equipación do Deportivo, agasallos, merendas e diplomas.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro e o Deportivo da Coruña presentaron hoxe o Campus de Verán 2023, que será do 3 ao 7 de xullo para nenos e nenas de entre 6 e 14 anos.

Ao acto de presentación asistiron a alcaldesa en funcións de Viveiro, María Loureiro; Pablo Barros, coordinador de actividades da Fundación do Deportivo da Coruña, e Francisco Vizoso, presidente do Viveiro SD.

Ademais dos adestramentos técnicos no campo municipal Marcos Gómez, os nenos e nenas participantes recibirán unha equipación do Deportivo, agasallos, merendas, diplomas, etc. Haberá outros xogos e unha festa de clausura.

Asistirán varios adestradores da canteira do Deportivo. Os nenos e nenas poderán asistir na próxima tempada a un partido do Dépor. Os prezos oscilan entre os 105 e os 125 euros e a inscrición debe facerse a través de deporcampus.rcdeportivo.es

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...