InicioM.ambiente e PatrimonioA Xunta intensificará a retirada de niños de velutina en Ribadeo e...

A Xunta intensificará a retirada de niños de velutina en Ribadeo e Viveiro

O Goberno galego reforzará a loita contra a avespa asiática en 20 municipios con superficie en Rede Natura

Publicada o

- Advertisement -

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda reforzará a retirada de niños de velutina nunha vintena de concellos con superficie en Rede Natura, entre eles dous da Mariña Lucense, Ribadeo e Viveiro.

A conselleira deste departamento, Ángeles Vázquez, trasladou á Agrupación Apícola de Galicia que no 2019 priorizaranse estas accións nestes municipios co obxectivo de conter a proliferación da avespa asiática.

Na provincia de Lugo, a Xunta de Galicia tamén reforzará a retirada dos niños en Chantada, Sober, Samos, Muras e Abadín.

Monfero, San Saduniño, A Capela, Melide, Toques, Santiso, Calvos de Randín, Trasmiras, A Lama, Bueu, Cangas, A Illa de Arousa, Silleda e o Parque Nacional Illas Atlánticas son os outros municipios que se verán beneficiados pola campaña.

Vázquez, no centro, durante a xuntanza. AXM

PROXECTO POSITIVE

Vázquez fixo fincapé na necesidade da colaboración cidadá para a localización dos niños e lembrou que a Xunta participa no proxecto Positive, unha iniciativa para o intercambio de experiencias e coñecementos para o control desta especie entre os países do sudoeste europeo.

O proxecto, cun orzamento de case dous millóns, conta con financiamento nun 75% do fondo FEDER, promove a transmisión de coñecemento e experiencia dos socios máis experimentados, como Francia, aos que levan menos tempo convivindo coa especie, como España e Portugal.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...