InicioOrientalRibadeoAs obras de ampliación do hangar de piragüismo de Ribadeo rematarán nos...

As obras de ampliación do hangar de piragüismo de Ribadeo rematarán nos vindeiros días

A concelleira de Obras, Mónica Freire, lembrou que “os traballos, que supoñen un custe de máis de 75.000 euros, deron comezo despois de Semana Santa e agora están a piques de concluír".

Publicada o

- Advertisement -

Nos vindeiros días rematarán as obras de ampliación do hangar de piragüismo na praia dos Bloques.

A concelleira de Obras, Mónica Freire, lembrou que “os traballos, que supoñen un custe de máis de 75.000 euros, deron comezo despois de Semana Santa e agora están a piques de concluír. Desde o equipo de goberno agardamos que con esta necesaria e importante obra as rapazas e os rapaces do Club Altruán conten cuns vestiarios e unhas instalacións dignas e máis cómodas para a practica deste deporte, que tantos éxitos está a conseguir para Ribadeo”.

Ata o hangar de piragüismo se desprazaron os concelleiros de Obras, Economía e Cultura, Mónica Freire, Pablo Vizoso e Pilar Otero, que estiveron acompañados polo presidente do Club Altruán, José Ángel Fernández.

Freire Rancaño subliñou que “esta obra foi posible grazas ao convenio asinado entre a Área de Deportes da Deputación de Lugo e o Concello de Ribadeo. O Club Altruán tamén recibiu unha achega da Área de Mocidade para a adquisición dunha furgoneta destinada aos desprazamentos dos seus deportistas. Esta foi outra demanda plantexada hai tempo e á que lle quixemos dar resposta en canto puidemos. En total estamos a falar duns investimentos de máis de 100.000 euros”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...