A fachada do Concello ribadense iluminouse de cor verde nas últimas horas en solidariedade coa Asociación Galega de Afectados de Esclerosis Lateral Amiotrófica no Día Mundial da ELA, que se celebrou onte, 21 de xuño.
O colectivo pretendía tinguir de cor verde o maior número de monumentos e edificios emblemáticos de todo o país “e nos quixemos estar ao seu carón con este xesto”, explicou o alcalde, Daniel Vega.
O obxectivo da campaña #LuzporlaELA “é informar sobre esta enfermidade, sobre todo a aquelas persoas que aínda non a coñecen”.