InicioCulturaA EMMeD de Ribadeo organiza unha xornada de portas abertas para o...

A EMMeD de Ribadeo organiza unha xornada de portas abertas para o 28 de xuño

As persoas asistentes poderán aproveitar esta oportunidade para probar e facelo de balde durante esa xornada.

Publicada o

- Advertisement -

¡. A Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo organiza o 28 de xuño unha xornada de portas abertas. Serán en horario de 16:00 a 18:00 horas cando o profesorado do centro explicará as distintas disciplinas que se imparten na EMMeD, incluíndo unha pequena clase práctica, previa inscrición.

Segundo as materias, esta actividade estará dividida por idades:

-Música e movemento: nenas e nenos nados entre os anos 2019 e 2016.

-Práctica instrumental: nenos e nenas nadas a partires do 2015; adultos inclusive.

-Pre-Danza: nenas e nenos nados entre os anos 2019 e 2016.

-Danza clásica ou contemporánea: nenos e nenas nadas a partires do 2015.

As persoas asistentes poderán aproveitar esta oportunidade para probar e facelo de balde durante esa xornada.

As inscricións para asistir a esta cita poden realizarse no enderezo electrónico esmu.municipal.ribadeo@edu.xunta.gal, ata o 27 de xuño, indicando nome e apelidos, data de nacemento, teléfono e especialidades que quere coñecer.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...