IniciosociedadeRibadeo recibiu máis de 120.000 turistas no 2018, 43.000 deles en tempada...

Ribadeo recibiu máis de 120.000 turistas no 2018, 43.000 deles en tempada media-baixa

O Concello asegura que os datos avalan o éxito da aposta por "desestacionalizar o turismo"

Publicada o

- Advertisement -

O goberno de Ribadeo fixo balance do 2018 no tocante ao turismo, un exercicio que a edil ribadense, Ana Martínez, califica de “moi positivo” tanto polas cifras totais de visitantes que rexistraron as oficinas municipais como polo crecente tirón que ten o concello “en tempada media baixa”.

Segundo os datos do goberno local, 120.547 persoas de 45 países diferentes solicitaron neste 2018 información nas dúas oficinas de turismo -unha delas situada nas Catedrais5.850 viaxeiros máis ca no 2017, cando se atendeu a 114.701 persoas.

No tocante aos períodos de visita, 77.608 persoas chegaron a Ribadeo no verán e 42.939 en tempada media-baixa. Martínez considera este dato relevante pois significa, ao seu entender, que o municipio está a avanzar no obxectivo de “desestacionalizar o turismo”.

só o 20% das persoas que chegan ao municipio piden información nalgunha das dúas oficinas municipais

Martínez subliña que só o 20% das persoas que chegan a Ribadeo solicitan información nas oficinas de turismo, polo o que o dato de visitantes é superior ao rexistrado.

O punto de información turística das Catedrais foi o que máis visitantes recibiu, cun total de 79.160 consultas, sendo a mediados de agosto o momento de maior afluencia de solicitantes de información.

PROCEDENCIAS

Nas procedencias, no turismo estatal -que supón o 85% das visitas-, Madrid segue a ser o principal emisor xunto a Castela-León e Galicia e en segundo e terceiro lugar están Asturias, Euskadi e Cataluña.

En canto ao turismo internacional destacan fundamentalmente as procedencias de Francia, Alemaña, EE.UU. e Italia, aínda que tamén son salientables as visitas dende Reino Unido e Arxentina.

TURISMO GRUPAL

Outra das boas novas para Ribadeo a nivel turístico foi o crecemento do turismo de grupos. “Foron 453 os colectivos que solicitaron información nas oficinas de turismo, o que supón un aumento respecto a 2017”.

Martínez asegurou que “Ribadeo segue a medrar como destino dentro de Galicia, posicionándose así como un dos destinos turísticos máis importantes do litoral galego e mesmo de todo o Estado español”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...