InicioOrientalRibadeoPresentación en Ribadeo do 'Pancha Fest', unha aposta do goberno local segundo...

Presentación en Ribadeo do ‘Pancha Fest’, unha aposta do goberno local segundo di o alcalde

Dani Vega os festivais de Ribadeo deben convertese nun referente en Galicia e na comarca: “e claro que os festivais musicais atraen turismo, tamén supoñen un atractivo cultural para Ribadeo e creo que nos temos que converter nese referente de festivais na comarca e no conxunto de Galicia”.

Publicada o

- Advertisement -

Os festivais musicais son unha aposta clara que o goberno local apoia. Así o subliñou esta mañá o alcalde, Dani Vega, na presentación do Pancha Fest, que terá lugar o 30 de xuño.

O rexedor manifestou que “para o Concello os festivais musicais son unha aposta clara que queremos apoiar. E o que queremos facer en primeiro lugar desde o goberno local é darlles as grazas a este grupo de rapaces, que están a traballar desinteresadamente para levar a cabo o Pancha Fest, pero tamén para organizar as festas patronais. Por iso o noso agradecemento de corazón por este traballo tan importante e desinteresado”.

Para Dani Vega os festivais de Ribadeo deben convertese nun referente en Galicia e na comarca: “e claro que os festivais musicais atraen turismo, tamén supoñen un atractivo cultural para Ribadeo e creo que nos temos que converter nese referente de festivais na comarca e no conxunto de Galicia”.

O alcalde subliñou que “traballamos intensamente con todos eles”. E engadiu que “en breve iremos anunciando mais festivais que teremos este verán en Ribadeo. E o que quero trasladarlles a todos estes rapaces é que o apoio do Concello vano ter e tamén imos encargarnos de xestionar orzamento noutras administracións para que veñan eses investimentos para apoiar toda esta actividade cultural e festiva que Ribadeo merece”.

O Pacha Fest celebrarase o vindeiro venres, 30 de xuño, no aparcamento dos camións, que está situado a carón da glorieta do Juanín. O evento contará coas actuacións de La Misión, Litainer + La Bamba.

Na presentación participou a comisión organizadora das festas patronais de Ribadeo, ademais do rexedor, as concelleiras de Cultura e Turismo, Begoña Sanjurjo e Marta Saiz, e o concelleiro de Medio Ambiente, Diego Dos Santos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...